Un dicionario recolle o léxico galego para que siga presente na cultura do Bierzo
A obra de Sara Rodríguez Fernández recompila nas súas 265 páxinas 15.000 entradas de voces usadas polos galegoparlantes.
O Museo da Radio de Ponferrada acolleu este sábado a presentación do Dicionario do Galego do Bierzo, do que é autora a investigadora Sara Rodríguez Fernández (Carracedelo, 200). O libro, editado pola Universidade de Vigo, recolle nas súas 265 páxinas 15.000 entradas de voces usadas polas persoas galegoparlantes da comarca. O catedrático de Filoloxía Xosé Henrique Costas e u académico correspondente da Real Academia Galega (RAG) Héctor Silveiro exerceron coma mestres de cerimonias.
Silveiro salientou que Sara Rodríguez «protagoniza deste xeito un dos maiores logros lingüísticos para o galego berciano realizado nestas décadas do século XXI, fruito do amor infinito polas palabras que nos definen como comarca e co obxectivo de poñerlle couto tanto á desmemoria, como ao desprestixio secular desta lingua levando ao papel a riqueza do noso léxico popular». Na sua opinión, con esta obra de consulta que «non debe faltar en ningún fogar berciano», brota «unha poderosa fonte onde beber auga fresca destinadas ás futuras xeraciois».
O Dicionario do Galego do Bierzo xorde da necesidade de recoller e de recompilar nunha mesma obra o léxico que tantas persoas empregaron, e empregan sen moitas veces ser conscientes, ao longo da súa vida. O dicionario recolle o léxico galego do Bierzo co fin de que non se perda e de que perdure para sempre, tanto nas mentes coma nos corazóns. Os promotores desta publicación esperan que o galego siga presente na cultura e na fala bercianas e que, «con persistencia, constancia e amor pola terra, pola tradición e pola lingua, se sigan engadindo a este dicionario termos que mostren a presencia da lingua galega».
O Bierzo destaca pola súa variedade lingüística debido á converxencia da lingua galega, propia e histórica da metade occidental, e da lingua leonesa, propia e histórica da metade oriental, ás que se superpuxo o castelán oficial. Debido á propia historia do Bierzo e á súa relación con Galicia, a lingua galega desempeña un papel moi significativo na fala da comarca.
O Dicionario do Galego do Bierzo recolle o léxico galego do Bierzo co fin de que non se perda e de que perdure para sempre, tanto nas mentes coma nos corazóns. Espérase que o galego siga presente na cultura e na fala bercianas e que, con persistencia, constancia e amor pola terra, pola tradición e pola lingua, se sigan engadindo termos que mostren a presencia da lingua galega a este dicionario.