[TRIBUNA] O Instituto Leonés de Cultura
XABIER LAGO MESTRE | A Deputación de León ten un ente específico para a promoción da cultura provincial, trátase do Instituto Leonés de Cultura. Dende hai moito tempo a actividade cultural ten sido un claro obxetivo político e institucional. Neste senso recordamos a creación da biblioteca leonesa en 1928. Tamén sabemos das pretensiois do Consejo leonés de estudios económicos y sociales (1941), “la conservación de las costumbres y tradiciones, el fomento de la cultura en todos los aspectos (…)”. Por suposto, para o franquismo a única cultura, uniforme e oficial, foi a propia do nacionalismo español. Houbo moito folclorismo de gaita, tamboril e danzas populares.
Coa chegada da democracia descubrimos a outra España máis plural que se manifestaba nas diversas linguas peninsulares. Mais apesar do tempo pasado, para algúns `políticos e funcionarios todo segue igual. Na provincia leonesa hai varias linguas desde a Idade Media. Aínda así, as publicaciois leonesas evitan toda representación escrita do galego do Bierzo. Podemos ollear as páxinas das revistas Archivos leoneses (desde 1947), Vida leonesa, León, publicación del Centro de la Región Leonesa en Hispanoamérica, ou Tierras leonesas da Deputación (desde 1961). Máis recente é a nova revista do dito Instituto leonés de Culturra, chamada Feije (2023). Por suposto non se alude á posibilidade de publicar algo en galego, “artículos inéditos, redactados preferentemente en español (en caso contrario con sus correspondientes traducciones)”. O galego do Bierzo segue a ser tema tabú para a cultura leonesa, innombrable!.
Pola outra banda, o Instituto leonés de Cultura está a publicar unha serie de cadernos pedagóxicos sobre cultura para escolares. Trátase de cadernos sobre pendoes, indumentaria, xogos infantís, deportes, antruejos, música popular, juntas vecinales, etc. Esperemos ver algún día futuro un caderniño específico para a lingua galega. Será dito Instituto capaz de se referir ao noso idioma galego do Bierzo?. Dicimos isto porque quizais prefira falar de fala galegoleonesa, dialeto berciano ou falas dos vales bercianos ocidentais. Agora a procurar diferenzas entre o léxico galego e berciano. E qué dicir da fonética, ese acento galaico delata aos traidores do leonés histórico. Que lean ben os cartularios dos tumbos dos mosteiros bercianos porque ese galego medieval non se parece muito ao actual (perigosamente normativizado?). Para o final a toponimia, vemos formas agalegadas xunta aos nomes en leonés. Todo está moi clarexo a prol do seu leonés!.
Xa veremos o que finalmente fan, contarémolo!. Dicimos isto porque o lindeiro administativo e político que separa León de Galicia quizais condicione as estreitas mentes dos políticos leoneses aínda. Para éstes, de seguro que atoparán grandes diferenzas entre o idioma galego do oeste do porto do Cebreiro e o galego do leste tan leonés, verdade?. Que saiban eses que os bercianos e os galegos falamos o mesmo idioma porque nos entendemos e comunicamos. Que de nada vai servir salientar diferenzas toleiras para crear fronteiras culturais imaxinarias.
Logo está o tema do “Museo de los pueblos leoneses”. Ben sabemos da teima leonesista por crear unha identidade leonesa por enriba de todo. Velaí que se cuestionen cada día máis as identidades comarcais, caso da autonomista rexión berciana. Agora mola o localismo, que casa mellor co novo leonesismo, por iso se reivindican as localidades fronte ás comarcas. Xa non hai promoción das comarcas turísticas, nin etnográficas, porque divide demasiado a identidade superior leonesa. Amén!
Temos algo máis que comentar, unha nova función do Instituto leonés de culturra. O deputado provincial de cultura, por suposto da upl, comentou que dende xa este Instituto vai luitar por defender a súa identidade leonesa. Cales son eses ataques foráneos? Os erros que poidan cometer publicaciois e informaciois oficiais. Case nada! Porque según o relatorio leonesista, hai que “preservar la personalidad cultural, el paisaje, los límites territoriales de León”. Que non toquen as sagradas fronteiras do vello reino leonés… por parte dos inimigos foráneos (Castela e Galicia?).
De remate, o tema que desgusta ao leonesismo. Non se entende que o Instituto leonés de culturra non descentralice a parte da cultura que se refire á proteción do idioma galego no Consello comarcal do Bierzo. A lóxica non a coñece a política leonesista. Eles teñen os cartos e determinan a cultura segundo os seus intereses políticos e caciquis (comprar vontades críticas). Non se razona que o dito Instituto protexa o galego do Bierzo cando nin o coñecen nin o falan. Os bercianos debemos fomentar o galego porque é nosa lingua propia, territorial e histórica. En fin, seguen pois as dinámicas culturais pretéritas tan leonesistas y centralistas coa cultura berciana. Que saiban que seguiremos a resistir esas imposiciois políticas foráneas.
O Bierzo, febrero 2024