Entrega dos Premios Morales en Corullón e xornada sobre a toponimia en Carucedo
O vindeiro sábado día 30 vanse entregar en Corullón os premios aos gañadores do segundo certame que leva o nome de Antonio Fernández Morales para a promoción da lingua galega no Bierzo e Sanabria.
O premio consiste na publicación dos textos e dos debuxos gañadores entre os escolares que estudan galego nos centros bercianos e no zamorano de Lubián. O acto, que comeza coa presentación dun libro de Héctor Silveiro, finalizará con unha sesión de contacontos con Quico Cadaval e a ruada da Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo.
Asemade, pola mañá, en Carucedo, organizarase unha charla titulada Toponimízate, onde un técnico da Real Academia Galega mostará as ferramentas necesarias para recoller a rica toponimia do Bierzo.