O Consello Comarcal estrea web en galego
O Consello Comarcal estrea web en galego coincidindo coa celebración das XII Xornadas Martín Sarmiento en Vilafranca do Bierzo, nas que participaron preto de 1.200 estudantes.
Escolares de 14 colexios de la comarca, de catro institutos y da Escola Oficial de Idiomas asistiron este luns as XII Xornadas Martín Sarmiento, que nesta edición levaban por título González Alegre: no camiño entre dous ríos, cco gallo do centenario do nacemento do poeta e literato Ramón González Alegre (1920-1968), prematuramente falecido aos 48 anos en Vigo.
Despois da sesión inaugural coa participación de alumnos de secundaria, e antes da que protagonizaron os escolares de primaria, levaouse a cabo unha ofrenda floral no monumento ao escritor, coa intervención de representantes do Concello de Vilafranca, Consello Comarcal, Xunta de Galicia e Junta de Castilla y León.
Xa pola tarde, presentouse en Cacabelos a convocatoria do III Premio Morales, dirixido a escolares que estudan gallego nas comarcas do Bierzo e A Seabra. Este ano tománs como referencia as duas primeiras estrofas do poema A Santísima Virgen da Quinta Angustia, incluido nos Ensayos poéticos en dialecto berciano. O acto contou coa presenza do director xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García.
O derradeiro acto da xornada, convertida xa en Día do Galego do Bierzo, foi a presentación en Corullón do libro Unha cala no Bierzo occidental, de Elixio Rivas Quintás (Edicións Positivas), a primeira publicación da Comisión Cultural Martín Sarmiento sobre aspectos culturais e lingüísticos localizados neste caso en Corullón.