O ‘Dicionario’ e os Premios Morales, as dúas caras para o Día do Galego do Bierzo
HÉCTOR M. SILVEIRO | A celebración no Bierzo do 9 de marzo é consecuencia dun proceso que comezou na última década do século XX (as Xornadas da Lingua e Cultura Galegas no Bierzo dos anos 91,92,93 e 94) que atoparon continuidade a partir da homenaxe que Martín Sarmiento tivo no 2002, ano no que a Academia Galega escolleu para honrar ao sabio ilustrado co Día das Letras Galegas.